Realizouse os dias 2 e 3 de Xullo o Obradoiro Videorede no Museo Provincial Pazo de Tor. Unha actividade dirixida os rapaces de entre 8 e 14 anos e que ten como obxetivo espertar a creatividade dos nenos aproveitando o alto interese que mostran polas novas tecnoloxías da información.
Os
nenos realizaron
traballos audiovisuais mediante diferentes dispositivos de grabación coma
telefonos mobiles,
cámaras de fotos e
cámaras de
video.
Estes traballos teñen coma actriz principal a propia
Rede Museística e tratan de
vencellar aos
nenos dos tres museos da
rede mediante un dialogo activo e
asincronico. Os
nenos de cada museo
estudan a
sua historia,
mostran o
seu presente, e analizan o
seu fututro facendo participes do proceso os
nenos do resto de museos da
rede mediante o Canal Multimedia do Pazo en
youtube (
http://www.youtube.com/user/museopazodetor).
Tamén se fomenta a idea de rede mediante a grabación de preguntas por parte de cada neno de Tor para os nenos de Narla e do Museo do Mar, e que xa se poden visionar no canal Multimedia do Pazo. Os nenos de Narla e do Mar deberán grabar Videorespostas as inquedanzas dos de Tor o dia que fagan o Obradoiro, que no caso de Narla será este Xoves dia 6 e Venres 7 e no do Museo do Mar entre o Martes 11 e Mercores 12.
Actividade ideada, deseñada, coordinada e impartida pola Rede Museística Provincial de Lugo.
Xerente da Rede Museística Provincial: Encarna Lago Gónzalez
Mestres:Encarna Lago Gónzalez, Angeles Rivada y María González.