"Animaliños", en escena!





Os rapaces da aula de teatro do CEIP A Gándara e os membros da Aula Municipal de Teatro de Monforte, dirixidos por Eva Ferreira, fixeron unha dobre representación de Animaliños, unha obra de R. Vidal Bolaño, o dramaturgo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

SINOPSE: 
Unha praga de caracois nunha urbanización de chalés desencadea unha neurose colectiva, facendo saír á luz o peor de cada casa. Obsesionadas coa preservación da súa pequena parcela de felicidade, as persoas que alí residen pasarán por riba de todo aquilo que represente unha ameaza para elas. Incluída a propia veciñanza. 
“Animaliños” (Premio María Casares 2003) é a terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual, dominada pola aparencias e o individualismo. Con grandes doses de retranca e humor, Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, debuxa un retrato certeiro sobre a vida nun espazo domesticado e hostil. E non só para os animais.